lunes, 20 de octubre de 2008

Tema 13. Documental. Asi se hizo la Tierra

Clicade sobre o triangulino laranxa para poder ver o documental. Cando o fagades vaivos saltar unha páxina de publicidade (inevitábel ó hospedar os vídeos en hostings gratuítos como este de megavídeo), pechádela e xa está.

Edisodio 1:

http://www.megavideo.com/?v=WSPKJC1C
Episoio 2:

http://www.megavideo.com/?v=2Z9HLDKK

Lista de preguntas sobre os dous capítulos do Documental:
CAPÍTULO 1.
1. Quén era Hutton e que teorías postulaba?
2. Qué idade pensaba a Igresia que tiña a Terra?
3. Cómo se pensa que se orixinou a Terra? De qué Tª partiu?
4. Quén era Kelvin e que teoría tiña respecto a Terra?
5. Qué mantivo a Tª da Terra elevada máis tempo do esperado nun comezo?
6. Quénes foron os precursores da radiodatación?
7. Qué idade se pensa que ten a Terra actualmente?
8. Cál era o estado da Terra nos inicios?
9. Qué é unha lava almofadada?, se tiveras que estudalas onde as buscarías?
10. Cómo e cal foi a orixe da primeira auga que apareceu na Terra?
11. Qué tipo de rochas deron lugar os primeiros continentes? Qué é un cratón? Como se formou a rocha de granito?
12. Qué é máis denso o granito ou o basalto?
13. Qué é un estromatolito?, existen actualmente?
14. De cando data a existencia das primeiras formas de vida sobre a Terra?
15. Qué relevancia tivo a existencia de estromatolitos?
16. Cándo tivo a Terra a primeira atmosfera rica en osíxeno?
17. Poderías dicir cando comezou a ciencia que estuda a Tectónica de Placas?
18. Qué teorías postulou A.Wegener? Por que non foron aceptadas inicialmente ?
19. Qué se demostrou cando se cartografaron os océanos?
20. En qué se basea a tectónica de placas?
21. En qué illa atlántica podemos atopar unha dorsal emerxida? Que tipo de erupcións volcánicas ten esta illa?
22. Cánto derivan as placas atlánticas unha respecto da outra anualmente?
23. Para qué serven o estudo de fósiles e microfósiles na Tectónica de placas?
24. Qué é Rodinia?
25. En qué consistiu a Glaciación Global? qué repercusión tivo sobre a Terra e a vida? Cando rematou ?
26. Por qué se quebrou Rodinia?
27. Cándo explotou a vida sobre a Terra e en qué era o situamos?había máis vida que actualmente?

CAPÍTULO 2:
1. Qué lle acontece a Terra entre os 400 e 300 millóns de anos?
2. Por qué sabemos que a terra estivo formada por enormes pantanos en épocas pasadas?
3. Como se formou o carbón que existe actualmente? E o gas e o petróleo?
4. Qué lle sucedeu a vida cando se desataron erupcións volcánicas por todo o planeta e porqué sucedeu isto?
5. Cándo se formou o Panxea?
6. Hai 180 millóns de anos houbo un aumento da actividade volcánica, qué lle sucedeu o Panxea? Que sucedeu cos niveis de CO2? Cómo afectou isto á vida?
7. Cándo dominaron os dinosauros a Terra e qué se pensa que rematou ca vida deles? Cantas especies desapareceron con eles?
8. Qué son os diamantes, cal é a súa composición química e cando se revelou a súa procedencia? Qué tipo de estrutura contéñenos?
9. Qué é o Iridio? Como se relaciona ca desaparición dos dinosauros?
10. Cánto medía de diámetro e a qué velocidade se aproximaba cando impactou ca Terra? Qué produciu o impacto?
11. Cándo prosperan os primeiros mamíferos sobre a Terra?
12. Cómo se formaron os Alpes?, onde ubicamos esta formación montañosa e sobre qué países está emprazada? Qué tipo de sucesos sufriron as súas rochas?
13. Qué significado ten o Monte Cervino para a xeoloxía?
14. Qué función ten a erosión na xeoloxía externa? Cáles son os axentes da erosión?
15. Como se formou o Gran Canón? Cántos Km de ancho ten?
16. Qué idade poden ter os picos máis altos das nosas cadeas montañosas?
17. Cándo xurde o antepasado do Homo sapiens?
18. Cánto duraron cada unha das glaciacións?
19. Cómo se forma un glaciar? En que consiste?
20. Cómo descubriu Luis Agassiz a existencia de glaciacións pasadas?
• Cándo finalizou a derradeira glaciación?. O Mar Mediterráno sempre estivo cuberto con auga?
21. De qué pedende a Tectónica de placas?

Tema 13. Estrutura Interna da Terra

Vídeo sobre a Tectónica de placas:


Vídeo sobre placas e tipos de límites


Límite converxente

Límite diverxente:

lunes, 13 de octubre de 2008

Xeoloxía. tema 12. A investigación xeolóxica

Prezados alumn@s.
Aquñi tedes as diapositivas do Tema 12.

Benvidos a páxina de Bioloxía e Xeoloxía para 1º de BAC

Prezados alumnos, se chegáchedes ata aquí, é porque tendes interese na materia e dispoñedes dun ratiño para conectarvos a Internet, ou pensades que as novas tecnoloxías axúdanvos a entender mellor a materia.
Aquí colgarei os temas que demos en clase, vídeos, animacións..etc.
Un saúdo e.... agora a traballar!!
Xaco

viernes, 10 de octubre de 2008

Panoye perfil de xacobo

outr proba

Panorámica en 360º

Proba para incrustar panorámicas
www.panoye.com